Logo de la empresa
Tel: 986 50 82 72 E-mail: chmyc@chantremyc.com
 DIGITALIZACIÓN INDUSTRIA  4.0

DIGITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

Subvenciones Diseño Web - ChantreMyC - Marketing & Comunicación, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Valladolid, Diseño de Página

Compartelo en tus redes:

SUBVENCIÓN GALICIA EXPORTA DIXITAL (2020.2) - CONDICIONS

O prazo de presentación finaliza o 30/11/2020

É o momento de dar ó paso ao mundo dixital. Non agardes máis e aproveita a subvención de IGAPE para revolucionar a túa empresa. Esta nova axuda a dixitalización pretende romper os límites xeográficos do teu mercado e aumentar o número de clientes potenciales. Tamén teñen como obxectivo a redución dos custos de transacción e publicidade e permita abrir canles comerciais novos, para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.


Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de mínimos.

Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
e) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Requisitos principais do proxecto

1. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo gasto a este límite máximo. No caso do comercio retallista o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros por empresa e máximo de 100.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo a este límite máximo. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros e máximo de 37.500 euros no caso de empresas do sector da produción agraria e 25.000 euros no caso de empresas do sector da pesca.

Poderán subvencionarse os seguintes tipos de gastos:


A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management)
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s).
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment.
e) Solucións de inbound márketing internacional

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 15.5.g), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas online e catálogos online.
b) Campañas de posicionamento SEM

2. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 14 de marzo de 2020 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fora deste período non será subvencionable.

Investimentos ou gastos computables

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe como mínimo analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.

b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.

c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter como mínimo a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos online multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos online e/ou tendas online. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Gastos subvencionable máximo: 6.000 euros.

b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.

c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online.
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.

d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
Gasto subvencionable máximo: 22.000 euros.

e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 15.5.g), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.


b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

Contía das axudas

A subvención será do 80% dos gastos relacionados no artigo 5
 
En Chantremyc poñémoscho fácil para impulsar a túa empresa. Asesorámosche en todos os trámites e apartados da subvención para que saques o máximo beneficio. O teu dinos como queres mellorar a túa empresa e nós facémolo realidade. 

Chámanos ao 986 50 82 72.
Scroll to Top